30/10/2018
Semana das Bibliotecas Escolares
Amigos e amigas:
levamos unhas semanas de tremendo vertixe e non víamos o momento de sentar e escribir a crónica destas últimas semanas, aquí vai o resumo do que fixemos no colexio para o dia das Bibliotecas Escolares.
Presentamos o cartel para este curso, que vai sobre poesía e na nosa vila de lírica sabemos moito!
Comezaron tamén a rodar as mochilas viaxeiras un curso máis o dia 24 de outubro con diarios das mochilas renovados e realizáronse as primeiras sesións de formación de usuarios durante as horas de biblioteca das titorías.
As novidades deste ano foron a escoita do noso primeiro programa de radio, gravado no Laboratorio de radio realizado polo alumnado no mes de xuño e que aínda non fora escoitado e a estrea da nova actividade da biblio "Booktubers do Curros" coas primeiras recomendacións lectoras.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)





Ningún comentario:
Publicar un comentario