Amosando publicacións coa etiqueta booktubers b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta booktubers b>. Amosar todas as publicacións
30/10/2018
Semana das Bibliotecas Escolares
Amigos e amigas:
levamos unhas semanas de tremendo vertixe e non víamos o momento de sentar e escribir a crónica destas últimas semanas, aquí vai o resumo do que fixemos no colexio para o dia das Bibliotecas Escolares.
Presentamos o cartel para este curso, que vai sobre poesía e na nosa vila de lírica sabemos moito!
Comezaron tamén a rodar as mochilas viaxeiras un curso máis o dia 24 de outubro con diarios das mochilas renovados e realizáronse as primeiras sesións de formación de usuarios durante as horas de biblioteca das titorías.
As novidades deste ano foron a escoita do noso primeiro programa de radio, gravado no Laboratorio de radio realizado polo alumnado no mes de xuño e que aínda non fora escoitado e a estrea da nova actividade da biblio "Booktubers do Curros" coas primeiras recomendacións lectoras.
22/10/2018
"Booktubers" no Curros
No Curros Enríquez xa temos ás nosas primeiras "booktubers"!
Quen son? Nenos e nenas ás que en primeiro lugar lle encanta a lectura; en segundo lugar gústalles falar en público, facer teatro...
Que fan? Elixen un libro que leron e contan brevemente e da forma máis amena posible:
Dende a biblioteca animámosvos a que fagades recomendacións dos libros que máis vos gustaron.
Aquí tedes a primeira recomendación para que vos vaiades animando:

- Datos do libro
- Argumento
- Explican de forma moi persoal por que lles gustou o libro e os temas que trata
- A quen o recomendarían e por que
Dende a biblioteca animámosvos a que fagades recomendacións dos libros que máis vos gustaron.
Aquí tedes a primeira recomendación para que vos vaiades animando:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)