08/11/2018

Samaín na biblio

Os últimos días  de outubro a nosa biblioteca sufriu unha transformación que a converteu na... "monstrobiblio"

A cebra  Camila xa  nos  viña informando facía algunhas  semanas  de que o Samaín estaba  cocéndose  no  piso máis alto do colexio. 
O día  31  de outubro  ( e parte  do 30) unha  terrible cantiga  invitaba  ao alumnado a subir ás  escuridades  da monstrobiblio.
Unha vez arriba  o grupo  de voluntari@s  lectores  de sexto B contou  o conto " O noso Samaín " ao seu  xeito.


Ao rematar  os nenos e nenas  puideron  ver  as  fotos  do certame  "Lemos de medo " no participou alumnado de todas as aulas.


 

Coma sempre  unha gran exposición  de libros de medo ocupaba toda a zona  de traballo  na nosa  biblio .








Aquí vos  deixamos  o vídeo  da primeira  actividade  de "Somos  contacontos"  deste curso  e que saiu  de de medo ...



 

A biblioteca  quere  dar  as grazas  ao alumnado  que participou  no conto  pola súa  implicación,  entrega  absoluta  e posta en escea  de sobresaínte. Facer a obra máis dunha  docena  de veces seguida  con enerxía  merece o noso recoñecemento  e ademais  amosa  a  súa gran  implicación  destes  nenos e nenas. Mil grazas. 

Ningún comentario: