Amosando publicacións coa etiqueta formación de usuarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta formación de usuarios. Amosar todas as publicacións

30/10/2018

Semana das Bibliotecas Escolares




Amigos e amigas:
levamos unhas semanas de  tremendo vertixe e non víamos o momento de sentar e escribir a crónica destas últimas semanas, aquí vai o resumo do que fixemos no colexio para o dia das Bibliotecas Escolares.

Presentamos o cartel  para este curso, que vai sobre poesía e na nosa vila de lírica sabemos moito!
Comezaron tamén a rodar as mochilas viaxeiras un curso máis o dia 24 de outubro con diarios das mochilas renovados  e realizáronse as primeiras sesións de formación de usuarios durante as horas de biblioteca das titorías.









As novidades deste ano foron a escoita do noso primeiro programa de radio, gravado no Laboratorio de radio realizado polo alumnado no mes de xuño e que aínda non fora escoitado e a estrea da nova actividade da biblio "Booktubers do Curros" coas primeiras recomendacións lectoras.




19/01/2018

Facilitando ás búsquedas de libros informativos

As mestras do equipo de biblio estiveron preparando unhas táboas cos números da CDU para facilitar a busca na sección de  libros informativos. Así os nosos usuarios poderán atopar e colocar  rapidamente os libros.




28/10/2017

Así foi a Semana das Bibliotecas ...

Esta semana a biblio recibiu visitas de seguido e estamos moi ledos!




Tódolos cursos de primaria subiron para facer a primeira sesión de formación de usuarios deste curso. Nela os máis pequenos/as aprenderon que é a cuberta e o lombo dos libros e os máis grandes coñeceron as cores da CDU e o tipo de libros  que se agocha tras elas.



O martes, día 24 de outubro, varios axudantes da biblio presentaron por megafonía a todos/as o lema deste curso "Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar".




Ademais repartírons guías de usuarios da biblio por tódalas aulas.


A nosa  auxiliar de conversa, Ellen, presentouse aos nenos e nenas. Todos/as a coñecen porque é o segundo ano que está con nós pero preparou unha presentación na que nos amosou o fermoso lugar onde vive.



Por último, empezou a viaxe das Mochilas Viaxeiras! Mochilas que este ano son de estrea ademais dun novo modelo de Diario da Mochila para que tódalas familias nos deixen a súa opinión.






Foi unha semana completiña pero a que vén non o será menos porque...





09/10/2017

Axudantes da biblio

Presentámosvos aos/ás AXUDANTES DE BIBLIO para o curso  2017/2018: 32 nenos e nenas de 5º e 6º aos que a biblio chíflalles! Moitas grazas pola vosa colaboración desinteresada!