26/04/2021
Celebración do Día do Libro
31/01/2021
Semana da Paz!
25/01/2021
13/01/2021
02/12/2020
Novembro, Mes da Ciencia en Galego 2020
Ola, amigos e amigas científicos do Curros!
Este mes de novembro que se acaba de ir, como xa todos sabedes, foi a mes da ciencia! E dende a biblio mandouse unha carta a todos os nenos e nenas para realizar un experimento chulísimo.
Nas clases falouse do método cientítico e da capilarede, a propiedade dos líquidos que aprendemos co experimento ao que lle puxemos de nome: "O baile das cores".
Sen máis, aquí vos deixamos o resultado do experimento, pasámolo xenial traballando xunt@s!
29/10/2020
Poemas de Samaín
Samaín 2020
20/10/2020
Canto vos botamos de menos!
Amigos e amigas da biblio!
Comezou o 2020-2021 fai xa máis dun mes e estarédesvos preguntando que é o que pasa que non hai biblio... :-( Seguro que algúns tedes resposta..."é polo coronavirus" xustificaredes, botándolle a culpa á palabra máis utilizada nos últimos tempos. Pois si, entre outras razóns. As obras realizadas durante o 2019 e o 2020 no colexio e na biblioteca fixeron que todo se ralentizara, a iso temos que sumarlle a pandemia que nos ocupa na actualidade e xa tedes os motivos polos que a biblio parece que non está... pero si que está!
Aínda que fisicamente aínda non abriu as súas portas, Pepón e unhas colegas andan argallando historias e inventando maneiras de que sintades que este espazo pechado poida formar de novo parte das vosas vidas, aínda que sexa nun principio, virtualmente.
Pedímosvos comprensión porque esta tarefa é moi complicada e tamén temos que utilizar o noso tempo en mercar novos libros chulísimos para todos vós!
Un abrazo grandísimo,
Pepón.

































