20/10/2020

Canto vos botamos de menos!

 


Amigos e amigas da biblio! 

Comezou o 2020-2021  fai xa máis dun mes e  estarédesvos preguntando  que  é o que pasa  que non hai biblio... :-(  Seguro que algúns tedes resposta..."é polo coronavirus" xustificaredes, botándolle a culpa á palabra máis utilizada nos últimos tempos. Pois si, entre outras razóns. As obras realizadas durante o 2019 e o 2020 no colexio e na biblioteca fixeron que todo se ralentizara, a iso temos que sumarlle a pandemia que nos ocupa na actualidade e xa tedes os motivos polos que a biblio parece que non está... pero si que está!

Aínda que fisicamente aínda non abriu as súas portas, Pepón e unhas colegas andan argallando historias e inventando maneiras de que sintades que este espazo pechado poida formar de novo parte das vosas vidas, aínda que sexa nun principio, virtualmente.

Pedímosvos comprensión porque esta tarefa é moi complicada e tamén temos que utilizar o noso tempo en mercar novos libros chulísimos para todos vós!

Un abrazo grandísimo,

Pepón.


Ningún comentario: