Aínda que este curso estea sendo un pouco raro por esta pandemia que pareza non ter fin, todo o cole disfrutou celebrando o Día do Libro! Este ano non se puido realizar o xa tradicional "Apadriña un lector/a", pero a cambio realizáronse outras gardando o protocolo que resultaron igualmente xeniais! Aquí vos deixamos a crónica deste día marabilloso, o primeiro para a nosa nova mascota, Roque!
Na entrada do colexio, as nosas portadas favoritas...
O alumnado de sexto curso seleccionou unhas lecturas superdivertidas para lerllas ao resto do colexio. En pequenos grupos todos recibiron tres lecturas alo menos!
Ademais, presentadores con gravata guiaron dous "Pasapalabra" edición especial "Día do Libro", un para infantil e outro para primaria.
Os nenos e nenas de 1º curso divertíronse moito posando para os seus "bookface".
















Ningún comentario:
Publicar un comentario