13/11/2018

Biblio Curros Celanova nas IX Xornadas de Bibliotecas en Santiago de Compostela

Os días 9 e 10 de novembro celebráronse en Santiago de Compostela as IX Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia. Neste evento reúnese profesorado de toda Galicia   interesado en temas relacionados coa lectura, os alfabetismos múltiples, as bibliotecas escolares e a educación, en definitiva. Coma tódolos anos a nosa biblioteca está presente nas xornadas para nutrirse e aprender moitas cousas novas pero este ano foi especial porque nos deron a oportunidade de contar a nosa experiencia co alumnado voluntario. Para nós foi un orgullo amosar o traballo  que se fai dende a biblioteca do Curros Enríquez , traballo excelente grazas  á colaboración das nenas e nenos de 5º e 6º que para nós son un pilar moi importante.
Dende a biblioteca tamén queremos agradecer o interese da Asesoría polo que se coce no  na Curros.
Finalizando xa, grazas mil ao noso equipo directivo que nos proporciona lienzo abondo para plasmar as ideas e inquietudes  que xorden de Pepón, a nosa mascota.


Ningún comentario: