21/11/2018

Contra a violencia de xénero (4º-5º-6º)




A seguinte actividade foi realizada no CEIP Friáns e está extraída integramente do seu blog da biblioteca.



Vexo, penso, pregúntome.
No mundo actual (ao menos no mundo "occidental") semella imposible atopar a alguén que non saiba ler. Pero... sabes que non só temos que aprender a descifrar as letras dun texto? Tamén temos que ler o mundo: comprender o que nos queren dicir unha imaxe, unha película, unha campaña publicitaria...

Iso é o que che imos propor nesta actividade, coa que pretendemos aprenderche a ler o mundo seguindo unha sinxela rutina do pensamento.

Coa axuda da túa mestra ou mestre e a participación ordeada dos teus compañeiros, segue os pasos que che propomos a continuación e intenta descifrar que nos quere dicir esta imaxe:

    1. Vexo. Fíxate na imaxe e describe o que ves. Só o que ves, non o que poidas imaxinar. Seguro que entre todos descubrides unha morea de apreciacións que nun primeiro vistazo pasarían desapercibidas. 
    2. Penso. Xa recoñeciches os detalles da imaxe. Cal cres que podía ser a intención dos seus autores cando decidiron creala? 
    3. Pregúntome. Se xa tes descuberto cal é o tema (ou a intención do cartel) saberás que aborda un importante problema que afecta moi seriamente á nosa sociedade. Que cuestións ou preguntas veñen á túa cabeza cando escoitas falar del? 





Reflexiona agora sobre el: 
      • Cres que, como espectador, recibes algún tipo de impacto ó visualizalo?
      • Que sentimentos che provoca?
      • Este vídeo é un xogo de contrastes. Serías quen de suliñar algún contraste que contribúe a chamar a atención do espectador?
      • Que opinas das cores predominantes no vídeo? Contribúen a crear algún tipo de sentimento no espectador?
      • Reflexiona sobre o testimonio da muller, sobre a máscara e sobre o lema da campaña. Que cres que teñen que ver? Resultan coherentes?

Ningún comentario: