Certame de recolla de imaxes do noso patrimonio cultural
Certame de recolla das imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial
Desde a biblioteca do Curros Enríquez queremos participar neste certame porque estamos seguros de que nas casas do noso alumnado hai fotos antigas e marabillosas que cómpre rescatar!
A participación entra dentro das actividades para conmemorar o Ano do Patrimonio Cultural Europeo.
A asociación Ponte...nas ondas! pretende, con esta iniciativa, que se recuperen e
difundan fotografías antigas con valor patrimonial para que poidan ser
usadas no ámbito escolar e seren coñecidas polo público en xeral.
Bases para participar
Os titores/as recollerán as fotos tal e como se explicita nos puntos seguintes como data límite o 27 de abril:
- Cada alumno pode participar con unha ou varias fotografías, tomadas en datas anteriores a 1970, que serán enviadas á asociación a través do centro educativo no que estude. As fotografías conterán imaxes de calquera aspecto relacionado co Patrimonio Cultural Inmaterial (oralidade, saberes tradicionais, ciclo festivo anual, cultura agromarítima, etc. ) e presentaranse dixitalizadas, coa maior resolución posible, nun dos formatos: jpg, mpeg , bmp.
Os participantes só poderán achegar fotografías que sexan propiedade da súa familia sendo motivo de exclusión do certame a aportación de imaxes de fora dese ámbito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario