Amosando publicacións coa etiqueta concurso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concurso. Amosar todas as publicacións

09/04/2018

Concurso da biblio: "Busca a resposta"


Desde a biblioteca lanzamos un concurso de búsqueda de respostas a interrogantes relacionados con Europa, aproveitando que este 2018 é o ano do Patrimonio Cultural Europeo.
O concurso "Busca a resposta" foi voluntario e nel participaron 37 nenos e nenas de 3º a 6º de primaria.


Cada mércores colgábanse as preguntas e acertantes  da semana anterior. Tivo unha duración de 6 semanas e as preguntas formuladas sobre Europa foron 13.

Pensamos que foi un éxito e seguiranse realizando no futuro este tipo de actividades.



Certame de recolla de imaxes do noso patrimonio cultural

Certame de recolla das imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial

Desde a biblioteca do Curros Enríquez queremos participar neste certame porque estamos seguros de que nas casas do noso alumnado hai fotos antigas  e marabillosas que cómpre rescatar!

A participación entra dentro das actividades para conmemorar o Ano do Patrimonio Cultural Europeo.

A asociación Ponte...nas ondas! pretende, con esta iniciativa, que se recuperen e difundan fotografías antigas con valor patrimonial para que poidan ser usadas no ámbito escolar e seren coñecidas polo público en xeral. 

Bases para participar 

Os titores/as recollerán as fotos tal e como se explicita nos puntos seguintes como data límite o 27 de abril:

  • Cada alumno pode participar con unha ou varias fotografías, tomadas en datas anteriores a 1970, que serán enviadas á asociación a través do centro educativo no que estude. As fotografías conterán imaxes de calquera aspecto relacionado co Patrimonio Cultural Inmaterial (oralidade, saberes tradicionais, ciclo festivo anual, cultura agromarítima, etc. ) e presentaranse dixitalizadas, coa maior resolución posible, nun dos formatos: jpg, mpeg , bmp.
  • Os participantes só poderán achegar fotografías que sexan propiedade da súa familia sendo motivo de exclusión do certame a aportación de imaxes de fora dese ámbito.

    Bases completas do certame

    http://pontenasondas.org/ponte-nas-ondas/?lang=es


07/12/2015

Premio aos mellores "caracastañas"

Vendo a tremenda participación  dos nenos e nenas na realización de personaxes castañizados e a calidade dos traballos...
Acordouse premiar algunhas  das vosas obras de arte. O Equipo de biblio foi o encargado de facer a selección.
Parabéns a todos e todas.