06/04/2018

Actualizando o blog...

Nesta entrada contarémosvos as actividades que fixeron xusto antes das vacacións de Semana Santa.

Rosalía de Castro
Os voluntarios lectores da biblio contaron a todo o alumnado a vida de Rosalía. Ademais tamén se gravaron poemas que colgaremos nuns días no blog da biblio.
Participou nesta actividade o alumnado de infantil e primaria.


Rosalía vista polos nenos e nenas de Infantil
O alumnado de 6º expoñendo a vida de Rosalía

Semana da Poesía
Este ano quixemos lembrar aos nosos poetas: Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.
O alumnado de 4ºcurso e 6º preparou unhas degustacións poéticas e máis un rap.

Curros Enríquez
Celso Emilio Ferreiro


Concurso "Busca a resposta"

Xa que este 2018 é o ano do Patrimonio Cultural Europeo,realizouse unha actividade de búsqueda de información sobre contidos de Europa, curiosidades na maioría dos casos.
En breve colgaremos aos gañadores/as no blog e farase a entrega de premios.

Concurso "Busca a resposta"
 

Ningún comentario: