07/10/2017

Comezou a Hora de ler



Este luns, 2 de outubro comezou a HORA DE LER no colexio.
Isto significa que á volta do recreo  os nenos e nenas do Curros sumérxense na lectura un bo rato. Poden ler o que lles apeteza: desde un libro que tran da casa, un da biblio, revista...
HORA DE LER é un programa da administración pública galega para o fomento da lectura no contexto educativo, contemplado na normativa curricular desde 2007.

Ningún comentario: