BIBLIOCURROS CELANOVA
Blog da biblioteca do CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova.
08/05/2026
RadioCurros 🦊 🎙️
Algúns nenos e nenas de primeiro subiron à radio para gravar o seu primeiro programiña🥰
Tamén as aguias de 3 anos se estrearon na RadioCurros, foi toda unha aventura! 🦅
28/04/2026
Semana da poesía🦊
Pola semana da poesía,e tendo en conta a carta que recibimos de Roque, creamos un montón de poemas de animais...foi unha actividade moi creativa e todos participaron cos seus mellores versos🥰
25/04/2026
Día do libro 2026🦊📖
Un ano màis a actividade Apadriña un lector foi un éxito. Os grandes do cole acolleron aos màis pequenos para lerlles uns contos e pasar un momento único...feliz día do libro!🤍📖
23/04/2026
Obradoiro collage con Carlos Gallego🐗✂️🎨🖍️
Xornada creativa e moi amena na Bibliocurros. Os nosos alumnos de terceiro tiveron a sorte de gozar dun obradoiro de collage con Carlos Gallego. O xabarín Timoteo foi o protagonista de tal xornada. Os nenos e nenas aprenderon moito e disfrutárono, grazas por todo, Carlos!
19/04/2026
Vaia enleo,Timoteo! 🐗
Un xabaril un pouco marranciño pasou polas nosas aulas da man dunhas fantàsticas contacontos da biblio. Clase a clase, foron achegando a historia de Timoteo con moito ritmo. Non hai neno ou nena do Curros que non coñeza a Timoteo ou à cabra Tomasa...🐗🐐
Con todo o aprendido fixemos un mural de estudi para Roque🦊📖
Alba de Evan na BiblioCurros🦊❤️
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto de primaria recibiron con moita alegría a Alba de Evan,autora do libro que leron de xeito colectivo nas aulas: Varetai, protectora de espíritos.Foi unha xornada ben divertida,grazas Alba! 🦊❤️
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















