Amosando publicacións coa etiqueta Curso 21/22. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 21/22. Amosar todas as publicacións

05/05/2022

Lectura dixital para bibliotecas escolares- E-LBE.2



Biblio Curros únese a E-ELBE.2!

É este un programa de lectura dixital para as bibliotecas escolares integradas no PLAMBE.

Todo o alumnado levou un folleto para que, xuntos,  poidades descubrir este novo servizo de préstamo, como acceder, como comezar a manexalo…

Nese folleto vai incluído o nome de USUARIO  e CONTRASINAL correspondente.

Se alguén ten algunha dúbida pode resolvela escribindo a bibliocurroscelanova@gmail.com

Deixamos aquí  o documento que se enviou ás familias.


24/04/2022

Día do Libro 2022

 Ola, amigos e amigas!

Este venres, non colexio, celebramos o Día do Libro!




Xa levabamos un tempo "cociñando" o día con moita ilusión así que aquí vos deixamos a crónica da conmemoración.

O alumnado de 5º e 6º preparou unhas deliciosas lecturas para que os seus compañeiros e compañeiras disfrutaran coas historias -entre outras- da eiruga larpeira,  dos porquiños máis famosos do mundo ou do mentirán galo Kiriko. 

Este ano, que esperamos sexa o último pandémico, chamámoslle á actividade: "Apadriña unha burbulla".O alumnado de 5ºA apadriñou a Educación Infantil, 5ºB aos cursos de 1º e 2º de primaria e, por último 6º leulles a 3º e 4º cursos.

Despois do recreo, os nenos e nenas baixaron aos recunchos asignados e deixaron voar a imaxinación guiados polos seus compañeir@s.
















Logo puideron visitar a exposición de "bookface" na que participou todo o colexio e quedou xenial.





Radio Curros puxo a nota final a este día marabilloso cun programa especial adicado ao 23 de abril e contándonos moitas cousas interesantes sobre este día. As emisións podedes atopalas en Ivoox.


Así vivimos o noso día do libro no CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova.




21/03/2022

Día da Poesía -21 de marzo de 2022

Ola, amig@s da biblio!
Hoxe celebramos o día da Poesía e queremos amosarvos as actividades que os voluntari@s da biblio de 5º, dentro do programa  "Bibliotecas escolares solidarias" prepararon para este día ca idea de  achegar a lírica aos máis pequenos do colexio  e ademais de disfrutar dela a través dos versos infantís, tamén coñezan aos autores do Rexurdimento da nosa literatura.
Esperamos que o disfrutedes.

A continuación, "El sapo verde" de Carmen Gil.



No seguinte enlace podedes disfrutar dunha mestura dalgúns poemas de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez mesturados con fragmentos das súas interpretacións musicais que fixeron famosas musicos galegos.




25/10/2021

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe celebramos no colexio o Día das Bibliotecas Escolares con dous programas de Radio Curros!
As "abelliñas" de 5 anos recitaron un fermoso poema sobre a biblioteca e o alumnado de 6º contou a historia da biblioteca e que resultou ser moi interesante.
Aquí vos deixamos  algunhas fotos das gravacións  e o enlace aos podcasts estará en breve en Ivoox.









24/10/2021

Biblio Curros Celanova está de volta!

 

Amigos e amigas da biblio, tiñamos moitas ganas de contarvos que por fin, despois dun ano e medio de portas pechadas,  a biblioteca do colexio vai abrir de novo.
Eliximos o día de hoxe porque estamos de celebración:  é o Día das Bibliotecas Escolares! Esta data vense celebrande desde 1997 e ten como lema a nivel nacional o de "Bibliotecas: ler, aprender, descubrir".
Na biblio do Curros Enríquez este curso seguiremos o lemas das bibliotecas escolares de Galicia e que é:  "A biblioteca escolar ten a palabra" e que quere poñer o foco na palabra e na oralidade.




Así pois, contextualizando esta conmemoración para o noso centro informámosovos das novidades que van acontecer a partires de mañá:
-Celebramos o día das Bibliotecas cunha nova emisión de Radio Curros.
-Comezan a súa viaxe as mochilas viaxeiras!
-Retomase os préstamos de libros durante os recreos e as estadías na mesma para disfrutala xogando, lendo, facendo traballos,  construíndo...
-Hora de ler xa instaurada en todo o colexio á volta do recreo.
-Actividades de  Samaín na biblio en colaboración co equipo de actividades complementarias e extraescolares.