Amigos e amigas da biblio, tiñamos moitas ganas de contarvos que por fin, despois dun ano e medio de portas pechadas, a biblioteca do colexio vai abrir de novo.
Eliximos o día de hoxe porque estamos de celebración: é o Día das Bibliotecas Escolares! Esta data vense celebrande desde 1997 e ten como lema a nivel nacional o de "Bibliotecas: ler, aprender, descubrir".
Na biblio do Curros Enríquez este curso seguiremos o lemas das bibliotecas escolares de Galicia e que é: "A biblioteca escolar ten a palabra" e que quere poñer o foco na palabra e na oralidade.
Así pois, contextualizando esta conmemoración para o noso centro informámosovos das novidades que van acontecer a partires de mañá:
-Celebramos o día das Bibliotecas cunha nova emisión de Radio Curros.
-Comezan a súa viaxe as mochilas viaxeiras!
-Retomase os préstamos de libros durante os recreos e as estadías na mesma para disfrutala xogando, lendo, facendo traballos, construíndo...
-Hora de ler xa instaurada en todo o colexio á volta do recreo.
-Actividades de Samaín na biblio en colaboración co equipo de actividades complementarias e extraescolares.

Ningún comentario:
Publicar un comentario