21/10/2018

Posta a punto

Amigos e amigas da biblioteca:
Durante o mes de setembro o equipo da biblioteca estivo enrolado nas seguintes actividades:
  1. Preparación da zona de infantil e etiquetado novo (etiquetas laranxas)
  2. Reorganización dos fondos informativos.
  3. Preparación de proxectos:
    • Radio na biblio
    • Biblioteca creativa (robótica)
    • Introdución á robótica educativa
    • Plan Anual de Lectura
  4.  Formación do equipo de mestres/as da biblioteca e alumnado voluntario.
  5. Posta en marcha das actividades:
    • Itinerarios lectores 
    • O noso diario
    • Correo interescolar


No mes de outubro ademais de abrir a biblioteca  estamos preparando o Día das Bibliotecas Escolares e o Samaín.

Aquí amosamos parte do noso traballo:

Ningún comentario: