19181819
Dezanove dezoito -Dezaoito dezanove
A toda máquina!
Neste 19 de outubro facemos constar as primeiras palabras da nosa travesía pero as accións, o movemento e o ritmo non se perderon durante os meses estivais; só foron algo máis de vagar.
No mes de setembro creouse o grupo de voluntari@s da biblioteca e a primeira semana de outubro zarpamos rumbo a Coeliobriga, a capital dos coelerni .
Durante o 18-19 ese vento que Celanova ten, levaranos a coñecer máis de préto a nosa vila, chea de: historia, pedra e poesía.
Celso Emilio guiaranos ata a eira do trigo e Curros contaranos que as bágoas daquela nena que choraba eran de amor. Tristura e amor por alguén que marchaba e non ía volver.
Na biblioteca do Curros Enríquez de Celanova gravamos estes versos de proa a popa , de babor a estribor porque...
...ese mar que onte era Atlántico hoxe é Mediterráneo.
...esa nena galega cargada de bágoas hoxe é de Siria, Venezuela, Rumanía, Marrocos, Nixeria, Sáhara Occidental etc.
...ese emigrado camiño a América persegue hoxe o SOÑO EUROPEO
e...
...ese amor celestial que rematou no fondo do mar ...
ese, seguirá alí tamén; hoxe, mañá e sempre.
Con moita ilusión e deixando un pé na terra para non perder o norte, zarpamos vento en popa a toda vela!
Ningún comentario:
Publicar un comentario