Aínda que moitos
dos nosos/as lectores/as  xa levan todo o
mes de outubro visitando a biblioteca, 
esta semana inaugurouse oficialmente 
para todo o centro coa celebración do Día Internacional da Biblioteca
Escolar.
O conto “O claro
do bosque” escrito por Mónica Hughes  e ilustrado por Fernando  Manuel Martínez  Menchón, ao que lle agradecemos  o tempo dedicado e felicitamos polo seu
estupendo traballo,   foi 
contado por  David e Andrea de 6ºB
en Kamishibai,  teatrillo tradicional
xaponés.
Durante
dous días (23 e 24 de outubro)  Pepón, a
nosa mascota da biblio, recibiu a tódolos cursos para gozar con esta fermosa
historia.
Ademais, as  mochilas viaxeiras empezaron a  percorrer os fogares dos nenos e nenas do
CEIP Curros Enríquez un curso máis.




 
Ningún comentario:
Publicar un comentario