Os días 29 e 30 de
outubro celebramos o Samaín no colexio.
Dúas bruxas
terroríficas esperaban aos nenos e nenas na biblioteca acompañadas
de: velas, arañas, escuridade, cabazas, música de medo,
monstruosidades varias e unha gran exposición de arrepiantes
libros.
3ºEP horrorizouse
con “As tres bruxas” contada por Lucía, Iago e Aroa de 6ºA.
4ºEP espantouse con "O misterio da mansión"escrito e
contado por Carla, Mara, Gabriel, Aitana, Hugo, Ian e Francisco de 6ºA.
5º horripilouse
con "O vampiro" contado por Diego e Martín de 6ºB.
6º enmudeceu co "Misterio da mansión"e "Campamento sangriento" escrito e contado por Andrea e Elena de 6ºB.
Ao rematar visitaron
a exposición de libros de medo (escolleron algún para a súa
próxima lectura) e a de bruxas, no vestíbulo do centro.




Ningún comentario:
Publicar un comentario