No noso centro levarémolo a cabo o próximo venres, 22 de marzo, como remate do 2º trimestre.
Aproveitando que este ano se celebra o 150 aniversario da publicación "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro imos facer as seguintes actividades:
- Lectura dunha pequena biografía de Rosalía.
- Recitado, dende Infantil ata 2º ciclo de Primaria, dos poemas "Adiós ríos, adiós fontes", "Campanas de Bastabales" e "Vente, rapasa".
- Canto do poema "Adiós ríos, adiós fontes" por parte do alumnado de 3º ciclo. Estarán acompañados por algúns mestres, que tocarán o teclado, o baixo, a guitarra e o laude.
Estas actividades vanse complementar cun mural feito con caras de Rosalía decoradas polos nenos/as ao estilo de Andy Warhol e cun colgante coa cara da escritora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario