20/03/2013

BIOGRAFÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

ROSALÍA DE CASTRO
(1837 - 1885)
 
Nace en Santiago de Compostela o 24 de febreiro do ano 1837, Foi bautizada cos nomes de María Rosalía Rita.
En 1856 Rosalía trasládase a Madrid. Alí casou con Manuel Murguía en 1858 e publicou as súas primeiras obras: o poemario La Flor (1857) e mais a novela La hija del mar (1859).
En 1863 apareceu (en Vigo) o seu primeiro grande libro, "Cantares Gallegos", sen dúbida a base de todo o rexurdimento literario e non literario da Nosa Terra.
A máis relevante escritora das nosas letras tivo que publicar o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid.
En 1884 publica en castelán En las orillas del Sar.
Rosalía nunca foi unha muller forte e en 1885 agrávase o cancro que padecía, por iso decide pasar unha tempada en Carril, na ría de Arousa, xa que antes de morrer quería ve-lo mar. 
Ós 48 anos, o día 15 de xullo de 1885,  morre en Padrón, donde levaba tempo morando, na casa da Matanza que hoxe está convertida en museo.
Foi enterrada no cemiterio da Adina, na igrexa parroquial de Iria, á que ela cantara nuns preciosos versos de Follas Novas. 
O 25 de maio de 1891 os seus restos foron trasladados á igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago, ó Panteón de Galegos Ilustres, onde repousa na actualidade.
No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira edición.
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación. Con tal motivo a AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) promove unha serie de actividades para conmemorar o nacemento da nosa poetisa máis ilustre.Este ano ten especial relevancia a súa obra Cantares Gallegos, pois cúmprense 150 anos da súa publicación.

Ningún comentario: