23/11/2024

Formación de usuarios 24🧡🦊

Ao longo destas semanas, os voluntarios da biblio visitaron os cursos máis baixos para recordarlles as normas e bos usos da biblioteca: que etiquetas escoller para as súas lecturas, lembrarlle o material que hai na zona fedelleira, como buscar un libro en concreto... Estiveron moi atentos e con moitas ganas de disfrutar da Bibliocurros.
Os máis pequenos, os nenos e nenas de 1º curso, recibiron unha formación máis a fondo realizada por membros do equipo da biblio. Trasmitirlle o pracer de visitar a biblio, descubrir con eles os seus recunchos ou ensinarlles como usala de xeito respetuoso foi o noso cometido como docentes e amantes da Bibliocurros.

Ningún comentario: