03/03/2024

Día de Rosalía de Castro🌹

No día de Rosalía, os nenos e nenas de todo o cole fixeron un mural. Tendo en conta o proxecto do centro, os océanos, no mural que decora un dos nosos corredores, podemos ver a unha fermosa Rosalía vendo achegarse à costa varios barquiños cargados coa súa biografía, e tamén letras dun dos seus poemas de EN LAS ORILLAS DEL SAR.
Nunha das aulas de infantil afondaron nun dos màis famosos poemas de Rosalía de Castro, "Adiós ríos,adiós fontes...". Tendo en conta o eixe principal do poema, o amor pola patria a ollos da emigración, contaron coa visita dos pais dun neno da clase,José Rafael. A familia deixou Maracaibo (Venezuela) e os tres compartiron cos nenos e nenas esa experiencia:que os fixo vir a Celanova, que botan màis de menos de Maracaibo, como se estàn adaptando ... Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos, grazas de corazón por compartila coas xoaniñas e cos golfiños 🐞🐬

Ningún comentario: