26/10/2023

Arranca o curso 23/24 coas mochilas viaxeiras!🎒🦊

Roque da a benvida ao novo curso 23/24, un curso no que o Océano🌊 estará sempre presente. Xuntos coñeceremos o fondo mariño, animais fabulosos que o habitan, personaxes históricos amantes do mar...
Tamèn teremos presente a banda deseñada, lema deste presente ano nas bibliotecas escolares.
Mergúllate con nós, todos a bordo!



 Roque non pode coa alegría, un ano màis xa estàn preparadas as mochilas viaxeiras para que nenos e familias gocen de moi boas lecturas e momentos xuntos! 🧡📚


Algúns nenos de cuarto foron repartir as mochilas polo cole, xa cada clase ten a súa! 🎉🎊🤩


Ningún comentario: