A primeira actividade da biblio deste curso foi a celebración do Día das Escritoras, o 17 de outubro.
Nos días anteriores á data sinalada, nas titorías elixiuse unha escritora e traballouse a súa aportación ao mundo da literatura. Durante o propio día, dous voluntarios da biblio contaron a todo o colexio por que había un día das escritoras e por que era necesario telo. Entre todos elaboramos este mural onde só aparecen nomes femininos da literatura: J.K.Rowling, Begoña Oro, Gloria Fuertes, Filomena Dato, Rosalía de Castro, Xela Arias, Laura Gallego, Ledicia Costas, Raquel Díaz Reguera, Elvira Rivero... a que quedou ben chulo?




Ningún comentario:
Publicar un comentario