09/12/2018
Mes da ciencia en galego
Na nosa biblioteca celebramos o mes da ciencia en galego realizando varias actividades. Todo o alumnado tivo á súa disposición unha selección de materiais sobre ciencia para ler ou levar para casa.
Ademais creouse o recuncho dos experimentos para que durante os recreos aqueles interesad@s fixeran pequenas prácticas de laboratorio.
Este ano nas titorías propúxe unha pequena investigación sobre varios científic@s galegos que vos amosamos a continuación.
A actividade estrela sen dúbida son os experimentos que os nenos e nenas voluntari@s da biblioteca realizaron no laboratorio aos seus compañeiros de infantil, 1º e 2º de primaria.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)










Ningún comentario:
Publicar un comentario