A cebra Camila xa nos viña informando facía algunhas semanas de que o Samaín estaba cocéndose no piso máis alto do colexio.
O día 31 de outubro ( e parte do 30) unha terrible cantiga invitaba ao alumnado a subir ás escuridades da monstrobiblio.
Unha vez arriba o grupo de voluntari@s lectores de sexto B contou o conto " O noso Samaín " ao seu xeito.
Ao rematar os nenos e nenas puideron ver as fotos do certame "Lemos de medo " no participou alumnado de todas as aulas.
Aquí vos deixamos o vídeo da primeira actividade de "Somos contacontos" deste curso e que saiu de de medo ...
A biblioteca quere dar as grazas ao alumnado que participou no conto pola súa implicación, entrega absoluta e posta en escea de sobresaínte. Facer a obra máis dunha docena de veces seguida con enerxía merece o noso recoñecemento e ademais amosa a súa gran implicación destes nenos e nenas. Mil grazas.









Ningún comentario:
Publicar un comentario