22/10/2018

"Booktubers" no Curros

No Curros Enríquez xa temos ás nosas primeiras "booktubers"!
Quen son? Nenos e nenas ás que en primeiro lugar lle encanta a lectura; en segundo lugar gústalles falar en público, facer teatro...
Que fan? Elixen un libro que leron e contan brevemente e da forma  máis amena posible:
  •  Datos do libro
  •  Argumento
  • Explican de forma moi persoal por que lles gustou o libro e os temas que trata
  • A quen o recomendarían e por que 

Dende a biblioteca animámosvos a que fagades recomendacións dos libros que máis vos gustaron.
Aquí tedes a primeira recomendación para que vos vaiades animando:


Ningún comentario: