Onte @s axudantes da biblio participaron nun laboratorio de radio, merecido premio polo seu bo facer no programa Bibliotecas Escolares Solidarias 2017-2018.
Lucía e Sergio chegaron desde Santiago coa súa emisora de radio portátil e a biblio converteuse en Radio Curros por un día .
Ás 10.30 o alumnado axudante da biblio, de quinto curso, comezou coas presentacións e o quecemento inicial. De seguido veu a técnica vogal: entoación,ritmo,pronunciación...
Unha vez traballado o elemento fundamental para facer radio os nenós e nenas formaron equipos comezaron a elaborar o guión : contos con efectos sonoros , entrevistas variadas, libros recomendados , especial Curros Enríquez, María Victoria Moreno ...
Unha vez traballado o elemento fundamental para facer radio os nenós e nenas formaron equipos comezaron a elaborar o guión : contos con efectos sonoros , entrevistas variadas, libros recomendados , especial Curros Enríquez, María Victoria Moreno ...
No recreo botaronse ao patio para gravar algunhas das entrevistas e por fin chegou a parte máis desexada: o programa. Éric e Sandra demostraron todo o que aprenderon como técnicos, Aroa Arca e Luis puxeron voz aos presentadores e o resto foi pasando aos micros a expoñer o traballo realizado (Simón, Paula, María e Xiana; Bruno, Fran, Sandra e Lucía; Xoel, Aroa, Hugo e Aitor; Camelia,Alexandra, Sabela, Esther e Miguel; Carmen, Nicole, Iria e Fabien).
Pepón -que todo o presenciou- deuse conta do ben que traballaron en grupo, do xenial que o pasaron e sobre todo, o moito que aprenderon.
Quedounos claro que a radio é un traballo de equipo e estamos desexando que chegue o curso que vén para volver dicir:
3,2,1...gravando!
Aquí vos deixamos un vídeo resumo do marabilloso día de onte na nosa biblio...




Ningún comentario:
Publicar un comentario