29/04/2018
Eli Ríos no Curros
Este martes pasado ás 11 Eli Ríos comezou o seu maratón de María Victoria Moreno! Foi un non parar ata a hora de saída!
Primeiro achegáronse á biblio os nenos e nenas de infantil e logo de forma repartida o resto do alumnado de primaria.
Eli meteuse ao público no peto que disfrutou moito coa actividade. Despois de ler un pequeno conto pertencente ao libro "Mar adentro" o alumnado creou contos e historias suxeridas a partires dun obxecto. Logo puxéronno en común e a biblio encheuse de aplausos.
Moitas grazas, Eli Ríos, por este fermoso día!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
















Ningún comentario:
Publicar un comentario