Aínda que moitos
dos nosos/as lectores/as xa levan todo o
mes de outubro visitando a biblioteca,
esta semana inaugurouse oficialmente
para todo o centro coa celebración do Día Internacional da Biblioteca
Escolar.
O conto “O claro
do bosque” escrito por Mónica Hughes e ilustrado por Fernando Manuel Martínez Menchón, ao que lle agradecemos o tempo dedicado e felicitamos polo seu
estupendo traballo, foi
contado por David e Andrea de 6ºB
en Kamishibai, teatrillo tradicional
xaponés.
Durante
dous días (23 e 24 de outubro) Pepón, a
nosa mascota da biblio, recibiu a tódolos cursos para gozar con esta fermosa
historia.
Ademais, as mochilas viaxeiras empezaron a percorrer os fogares dos nenos e nenas do
CEIP Curros Enríquez un curso máis.




Ningún comentario:
Publicar un comentario