Blog da biblioteca do CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova.
01/02/2012
DÍA DA PAZ 2012
O día 30 de xaneiro no colexio celebramos o Día da Paz. Os nenos/as escribiron os seus soños nas follas da paz dunha fermosa árbore. Leron un soño por curso e despois cantaron "SOÑA", adaptación da película de Disney "O Corcovado de Nôtre-Dame", acompañados polos compañeiros de 5º e 6º de Primaria tocando as frautas, xilófonos e teclado.
Se queredes ver máis fotos premede no seguinte enlace:
Ningún comentario:
Publicar un comentario