Amosando publicacións coa etiqueta curso 22/23. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 22/23. Amosar todas as publicacións

24/10/2022

24 de Outubro, Día das Bibliotecas Escolares




🦊Biblio Curros celebra o día das Bibliotecas Escolares dun xeito...MONSTRUOSO! Mergúllate na noso monstro-biblio e atopa as chaves misteriosas...se as atopas lograràs abrirlle a porta ao noso Samaín!🎃👻🎃👻🎃👻🎃👻🎃👻🎃👻🎃
Esta semana aínda que celebraremos por todo o alto a festa do Samaín, levarase a cabo unha sesión de formación de usuarios con todo o alumnado de primaria e que xirará en torno  á antedita conmemoración. 
O lema deste curso nas bibliotecas escolares é "Escribir a biblioteca escolar"!!


- Escribir para saber

-Para comunicarnos

- Escribir relatos, historias.

- Coñecernos a través de: diarios, axendas,  biografía...

- Escrita creativa:

- Escribir para incluír

- Traducir.

- Reescribir

- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.

...

Para pechar esta celebración, emitirase durante a semana o primeiro programa de radio do curso sobre este día.

Aquí deixamos o enlace:


19/10/2022

Foto con Roque


Hoxe foi un día que non esquecerei na vida! Por fin puiden coñecer aos nenos e nenas do cole!  Pepón, a antiga mascota, falárame moi ben de todos, díxome que participaban en todas as actividades da biblio e que lles encantaba contar contos.  Por fin hoxe puido ser o día! Quedáronme algúns pero en breve  verémonos.




18/10/2022

Día das Escritoras

 A primeira actividade da biblio deste curso foi a celebración do Día das Escritoras, o 17 de outubro. 

Nos días anteriores á data sinalada, nas titorías elixiuse unha escritora e traballouse a súa aportación ao mundo da literatura. Durante o propio día, dous voluntarios da biblio  contaron a todo o colexio por que  había un día das escritoras e por que era necesario telo. Entre todos elaboramos este mural onde só aparecen nomes femininos da literatura: J.K.Rowling, Begoña Oro, Gloria Fuertes, Filomena Dato, Rosalía de Castro, Xela Arias, Laura Gallego, Ledicia Costas, Raquel Díaz Reguera, Elvira Rivero... a que quedou ben chulo?






12/09/2022

Renacer!


 

Ola, amigos e amigas da biblio!

Benvid@s ao 2022-2023. Despois de 3 cursos pandémicos, por fin, voltamos á normalidade. Todo o equipo da biblio sentímonos felices de poder retomar as súas actividades, poder volver a contar co alumnado para que nos bote unha man  e que os libros empecen a viaxar!

Unha aperta,

Roque.