Amosando publicacións coa etiqueta RADIO CURROS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RADIO CURROS. Amosar todas as publicacións

18/11/2025

Entrevista co morcego, o novo programa de Radio Curros


Desta vez, Roque, propuxo na súa nova  carta un reto sobre os MORCEGOS. O punto de partida foi a fermosa lectura por parte do voluntariado de biblioeca do conto "Rufus, o morcego que adoraba as cores". Algúns cursos traballaron  o conto e outros investigaron diferentes aspectos  deste mamífero.  Como broche final, o alumnado de 5ºA gravou este programa entrevistando a un vello morcego.  Roque,de seguro, vai sacar boa nota, coa gran axuda dos nenos e nenas do colexio!

17/11/2025

Primeiro programa de Radio Curros 25/26 : O RAPOSO

A Radio Curros arranca o curso coa emisión dun programa moi interesante sobre os RAPOSOS. Logo de que Roque, a mascota da biblio, nos enviase unha carta para que lle axudaramos a estudar a flora e fauna galega, comezamos estudando a fondo este fermoso animal. Con todo, creamos un programiña de radio e divertímonos moito facéndoo. Aquí o podedes escoitar, quedou moi bonito! Gran traballo o dos voluntarios e voluntarias da BiblioCurros! :)

 

17/12/2019

Radio Curros

Xa podedes escoitar a segunda emisión da nosa emisora. Trátase dun programa de coloquio entre a profesora de sexto e varios alumnos e alumnas sobre o tema do basket por libros.

https://www.ivoox.com/radio-curros-segunda-emision-audios-mp3_rf_45433318_1.html