Estamos entusiasmad@s coa próxima visita ao noso centro dunha autora galega moi coñecida por todos nós. Levamos varios cursos lendo os seus libros e por fin desta imos coñecela en persoa.
Ela é...
Ledicia Costas
Este curso o alumnado de 5º e 6º leu na clase:"As peripecias de Extravaganzza Pérez" e "Escarlatina, a cociñeira defunta"
O próximo 20 de febreiro poderemos facerlle moitas preguntas e levar o noso libro firmado por ela. Todo un luxazo!
Xa vos mantemos informados!



Ningún comentario:
Publicar un comentario