05/02/2019

30 de xaneiro



Na actualidade millóns de persoas fuxen das guerras, da pobreza, da fame e da miseria coa esperanza dunha mellor vida para eles, e sobre todo, para os seus fillos e fillas.
No século XIX os nosos bisavós e tataravós e xa no XX os nosos avós  ou incluso pais trataron tamén de saír da pobreza na que se atopaba  o país.
En ámbolos dous casos estes seres humanos  buscaban  e buscan –con todo o dereito-  o mesmo … UNHA VIDA DIGNA.



Para conmemorar a Paz, a biblioteca propuxo  a actividade  en colaboración coas familias: "Os nosos avós foron emigrantes".






Ademais  o alumnado voluntario da biblioteca explicou pola megafonía do centro por que se celebra o Día da Paz o 30 de xaneiro e quen era Gandhi. Ademais repartiu polas clases a súa foto.


Seguindo o lema deste ano "Poéticas diversas na biblioteca escolar" engalanouse a entrada do colexio con versos en galego coloreados de paz"

Xa a nivel de centro, todo o alumnado e profesorado interpretou a fermosa canción da paz "Mariñeiros da Paz", escrita e musicada polo noso fabuloso mestre de música, Luis Real.

Ningún comentario: