30/05/2018

O cole seleccionado polo excelente traballo do alumnado voluntario




Bo día, amigos e amigas!  A biblio do cole, como sabedes,  está inscrita no programa Bibliotecas Escolares Solidarias  e  resultou ser unha das dez  seleccionadas de toda Galicia en función do interese e calidade das actividades recollidas na memoria presentada para que o alumnado voluntario participe nuns obradoiros sobre:
  • Narració oral
  • Elaboración de booktrailers
  • Laboratorio de radio
  • Xogos cooperativos e tradicionais
Ademais diso recibirán un diploma pola súa colaboración como acción de voluntariado cultural, así como material divulgativo e de apoio ao programa BES. 

Queda dicir que a biblio está moi orgullosa do traballo dos voluntarios/as de 5º e 6º , e da súa enorme motivación e enerxía posta nas actividades realizadas.
Moitas grazas, nenos e nenas...
Tamén agradecer ás mestras/e do equipo da biblio que coordinaron as actividades do programa BES.

Ningún comentario: