03/02/2018

Así celebramos a Paz

Este ano a biblioteca quixo lembrar a tódolos refuxiados que escapan da barbarie da guerra e tratan de atopar un sitio mellor onde vivir. 
Como biblioteca escolar e centro educativo pensamos que a Paz  debe ser, ademais dun fermoso día non que todos/as unimos as nosas voces,  unha oportunidade  para sensibilizar ao alumnado que por sorte vive alleo a esta negra realidade. Pretendemos tamén coas actividades propostas sementar solidaridade  e que xermine neles a necesidade de AXUDAR aos máis necesitados. 
Non esquezamos que  HOXE  OS NENOS/AS  do Curros  serán os ADULTOS DE MAÑÁ.

A continuación, a crónica da PAZ:

Durante estes días tanto os/as usuarios/as da biblioteca coma as titoras tiveron á súa disposición  lecturas recomendadas.


Na entrada do colexio estivo a exposición de fotos :"Un 30 de xaneiro para todos e todas" e a representación do poema "Mar soñado" de J.C. Martín Ramos que contextualiza á perfección o tema a tratar. O alumnado de 5º e 6º púxolle título ás diferentes láminas fotográficas.












Os futuros voluntarios/as de biblio de 4º acompañados por dúas voluntarias de 6º explicaron por megafonía  a exposición  de fotos  e  que se celebra o 30 de xaneiro e por que.


 Tamén os voluntarios/as lectores de 5ºB prepararon a dramatización dun conto que conta a historia dunha familia que ten que escapar do seu fogar por mor da guerra. 
Nuns días colgaremos o vídeo e as fotos das súas representacións para infantil e primaria.



Por último o alumnado de 5º e 6º xogaron ao xogo online:

Desde o blog de biblio colgáronse enlaces para traballar nas aulas, coma sempre.
Agora deixámosvos  o mural feito por todo o cole e que iluminou a interpretación da canción deste ano:



Ningún comentario: