24/01/2018

Un 30 de xaneiro para todos e todas... (1ª parte)



3.8 millóns de persoas vulnerables necesitan axuda para protexerse do duro inverno no Oriente Medio.
Sentados na única e fría sala que compón a súa casa nun barrio das aforas de Beirut, a capital libanesa, Samira e seu marido saben o que supón entrar no sexto inverno no exilio desde que fuxiron da guerra en Siria.
Esta imaxe repítese ao longo dun país onde miles de familias se refuxian baixo lonas de plástico ou finas estruturas de madeira. No inverno, as montañas de Líbano cobren de branco ante as fortes nevadas e deixan á vista a imaxe de moitos refuxios desamparados. Dentro, miles de familias como a de Samira esperan recibir roupa de abrigo, mantas, estufas ou combustible.







O comezo do século XXI pasará á historia por unha crise de refuxiados que afecta a máis de 21,3 millóns de persoas, hoxe refuxiadas noutros países. Refuxiouse da guerra, da violencia, dos conflitos armados, das persecucións ou das violacións de dereitos humanos que lles obligaron a deixar o seu fogar e todo o que coñecían ata entón.


Entérate do que significa ser REFUXIADO:
 2016, el año con más refugiados desde la II Guerra Mundial

Ningún comentario: