13/01/2018

As mestras tamén son contacontos




A finais do primeiro trimestre os nenos e nenas de infantil disfrutaban cun conto dramatizado polas súas mestras: "A tartaruga que quería durmir".
Tanto éxito tivo a obra que repetiron onte no salón de actos do colexio e cun público máis alto: 1º e 2º de E.P..
Aquí vos deixamos a gravación para que vexades vós mesmos/as que arte e salero gastan as profes de infantil do Curros Enríquez!
E como non hai dous sen tres...ao mellor ata tripiten actuación cos  máis peques!


Ningún comentario: