04/12/2017

25 de novembro: educando pola igualdade

Desta vez, a actividade SOMOS CONTACONTOS xirou en torno á data do 25 de novembro.
O alumnado voluntario de 6ºB preparou a dramatización do conto de Adelan Turín: Rosa caramelo.
Na biblioteca ou no salón de actos tódolos nenos e nenas escoitaron o conto con moita atención e quedoulles claro que non hai cores de nenos e cores de nenas, as cores son de todos.
Desde aquí cómpre agradecer á mestra Graciela, membro do equipo de biblio, o seu esforzo e dedicación para que saíra todo tan ben.
Aquí vos deixamos  o resultado da actividade, podedes ver a interpretación na biblioteca, no salón de actos ou degustar as dúas  marabillosas interpretacións dos/as voluntarios/as lectores/as de 6ºB.



Interpretación feita no salón de actos do centro:





Interpretación feita na biblioteca do colexio:

2 comentarios:

Charo dixo...

Parabéns desde o CEIP San Francisco Xabier.

Profe Sonia dixo...

Moitas grazas...5 meses despois! :-D