Velaquí a crónica dun 31 de outubro máis...
Na última entrada do blog puidestes ler sobre o Samaín e ver como estaba o colexio cheíño de farois-guía para os espíritus que visitaron o cole esa noite...
Nesta nova crónica contarémosvos tódalas actividades que se fixeron para conmemorar o final do bo tempo.
O alumnado de infantil elaborou o "Libro dos feitizos" e o de primaria "Contos de medo". 
En breve amosarémosvolo xa que aínda están no obradoiro de  maquetación. Puideron escoitarse algúns contos durante a semana a través da megafonía do centro.
Como tódolos anos a biblio tivo durante a semana unha gran exposción de libros terroríficos.
Proxectáronse dúas curtas para quitar o hipo ao noso alumnado: "A bruxa regañadentes para infantil, 1º e 2º; "Samaín", curta feita polo equipo de biblio para explicar a orixe da celebración.
A nosa auxiliar de conversa, Ellen, contou a versión en inglés do conto "Corre corre cabaciña" ("Run run little pumpkin" traducido por ela e o mestre Luis. A historia en galego foi preparada polos /as voluntarias lectores/as de 6ºA  na actividade Somos contacontos.
Para rematar realizouse unha fotomontaxe chamada "Monstros arrepiantes" e que por problemas técnicos só puido ter  por protagonistas, este Samaín, aos monstros dun curso.
Nas materias de Plástica/ Arts and Crafts e Lingua Galega traballouse o tema durante toda a semana e incluso o alumnado de 6º preparou un coñecido baile de zombies. O túnel do medo, sen dúbida, foi a actividade estrela da xornada e por el pasaron tódolos nenos e nenas do colexio.






 
Ningún comentario:
Publicar un comentario