Algunha vez vos resultou estrano escoitar a alguén falar de unha persoa empregando a palabra que non é? Por exemplo, mirade esta situación:
O certo é que o caso da muller da esquerda é frecuente, pois as nenas quedan relegadas a ser de maior doutores e non doutoras. Pensemos un pouco, se temos as palabras, por que non empregalas? Queremos nenas doutoras! Non nenas doutor!
Tristemente, ata non hai moito tempo poucas mulleres podían estudar para desempeñar profesións que requerían moita formación. Isto fixo que se empregasen as palabras en masculino para referírense a esas profesións. Mais isto xa non é así hoxe en día, e se seguimos a usar estas palabras mal, seguiremos a manter as crenzas dalgunhas persoas de que as nenas non poden ser calquera cousa que se propoñan de maiores.
Como cas profesións pasa con máis palabras que empregamos sen decatarnos mal, ocórresevos algunha situación máis?

Ningún comentario:
Publicar un comentario