03/10/2017

Canto tempo... e parece que aínda foi onte.



A semana que vén, a biblio empeza a súa viaxe un curso máis! E van -que nos teñamos constancia- 42 anos xa! Como vistes nunha entrada anterior existen libros de préstamo do 1974. 
Cómpre resaltar a importancia que tivo sempre a biblioteca escolar no CEIP Curros Enríquez de Celanova,  daquela cun inxente número de alumnos/as e empregando técnicas que hoxe son rudimentarias para nós. De feito, a informatización dos fondos  comezou a facerse hai uns tres lustros aproximadamente. 
Encetado o novo século, as administracións tomaron cartas no asunto e comezaron os Plans de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) sendo o noso centro un dos primeiros en formar parte dese plan alá polo 2005 xunto  con outros 14  de toda Galicia. Desde aquela pasaron 12 anos e o fogar do libros do Curros mudou considerablemente como podedes comprobar polos rexistros do pasado, mesmo  se pode entrar ao catálogo de forma online no chamado OPACMEIGA.
Pepón xa non se sinte tan  só  durante as noites de pedra en Celanova, agora ten a compañía da cebra Camila, Don Quixote e Sancho ademáis dos moitísimos libros  e pode que, algún  aplicado rato de biblio...


Ningún comentario: