18/10/2017

Abriu a biblioteca!

Estamos xa a pleno rendemento na biblio do Curros!
Fai unha semana que abrimos as portas e estamos tendo moita afluencia de usuarios/as!
Os diferentes cursos foron subindo e o mestres Luis e a mestra Sonia  lembraron as normas, pasearon cos nenos e nenas polas diferentes seccións e realizouse o primeiro préstamo do curso! 
Que ganas tiñamos xa de vervos por aquí!
Foi a primeira vez para o alumnado de 1ºEP, que se ía moi contento, cos seus libros.

 Na biblioteca tamén podemos ler, xogar, escoitar música...

Ningún comentario: