O 5 de xuño os Coelerni de 5º, seudónimo co que se presentaron ao II concurso Manuel Sueiro, foron recoller a dito centro o premio á mellor adaptación do libro "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar" de Luis Sepúlveda. Na súa representación foron: Antón, Celia, Iván e Vanessa. Moitas grazas a Manuel, o papá de Celia, por levar aos catro coelerni a Ourense.
Foi un acto moi bonito: a directora presentou o evento e os nenos de infantil recitaron unhas adiviñas matemáticas e os de 1º contaron un conto de números precioso!
Para finalizar presentámoslles o noso libro "A carballeira do tempo" e agasallámolos cuns exemplares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario