O xoves, 23 de abril, celebramos no CEIP Curros Enríquez o Día do Libro!
Tódolos cursos subiron á biblio para ver a exposición "Plantando versos", traballo feito por todo o colexio.
A continuación a cada neno e nena agasallóuselle cun libro que el /ela mesmo/a escolleu.
Despois do recreo realizouse a actividade, xa clásica no noso centro, "Apadriña un lector". O alumnado de 3º,4º, 5º e 6º curso leulle contos aos máis pequenos do colexio.
Todos encantados coa actividade!
Se queres ver tódalas fotos, tés que ir á galería da web do colexio.



Ningún comentario:
Publicar un comentario