O  30 de xaneiro no
noso colexio celebramos o Día da Paz.
Pepón, a mascota da nosa biblio, levaba xa un par de
semanas  recomendando aos nenos e nenas
lecturas sobre o tema. 
Despois de recreo mestres/as e alumnado  reuníronse no ximnasio  para escoitar 
a dramatización  levada a cabo por
 oito nenos e nenas de 3ºciclo da
historia en forma de poema  dun pastel de
nata moi singular, “La paloma Mari Paz” de Carmen Gil.
Para finalizar todos cantamos a canción versionada ao galego
 “O progreso” de Roberto Carlos co
acompañamento como vén sendo habitual  do
alumnado de 3º ciclo ás frautas, xilófonos e teclado.
 





 
Ningún comentario:
Publicar un comentario