Como este ano o Día do Libro coincidíu coas vacacións de Semana Santa decidimos celebralo o día 6 de Maio. Finalmente celebrámolo o día 5 aproveitando que a TVG viña gravar ó colexio, xa que nos pareceu unha actividade moi interesante para compartir con todo o mundo.
A actividade "Apadriña un lector" consistíu na lectura dun conto por parte do alumnado de 2º e 3º ciclo ó alumnado de 1º ciclo e infantil.
Cada neno/a leu o seu conto, que elixíu previamente na Biblioteca do centro, a un ou dous nenos/as pequenos/as, facendo cambio de emparellamentos no caso de rematar antes de tempo.
Déixamosvos a continuación unha montaxe que fixemos desta actividade.
4 comentarios:
Que bonito vídeo! PArabéns
Grazas Gracia polo teu comentario.
Un saúdo.
PRECIOSO, OS MEUS SOBRIÑOS ESTÁN TOLOS CON EL. O MOSTRAN A TODOS OS QUE VEÑEN POR CASA. OS MEUS PARABÉNS. SEGUIDE TENDO TAN BOAS IDEAS
Publicar un comentario